Encontro histórico en Iraq entre o Papa e o aiatolá Al Sistani
O papa Francisco e o grande aiatolá Al Sistani selan un pacto de amizade entre cristiáns e xiítas nunha reunión histórica en Bagdad. O pontífice agradeceulle ao líder xiíta a súa defensa dos "perseguidos" polo Estado Islámico.
O encontro, na súa modesta vivenda de Naiaf é a maior protección fronte aos fanáticos residuais. Unha conversa de 45 minutos nunha estancia austera da casa semiagochada permitiulle ao papa Francisco e ao aiatolá Al Sistani lograr ese acordo sen precedentes entre cristiáns e xiítas, que se traduce nunha protección inmediata da minoría cristiá en Iraq e noutros países de Oriente Próximo.
A retransmisión en directo da visita do Papa pola televisión iraquí e a fotografía dos dous líderes espirituais durante a conversa na sala de visitas de Al Sistani, enormemente selectivo á hora de recibir hóspedes de alto nivel, son máis poderosas que calquera declaración escrita que, neste caso, non estaba prevista. En definitiva, o encontro é a mensaxe. Os musulmáns supoñen o 60 por cento da poboación de Iraq, pero as ensinanzas espirituais de Al Sistani son seguidas por boa parte da comunidade dispersa polo mundo.
Á chegada de Francisco os anfitrións liberaron pombas brancas como síbolo de paz e xesto de benvida.