CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga a morte dunha muller na provincia de Málaga

Publicado o 13/11/2019 21:53

A vítima foi atopada morta no seu dormitorio por un familiar. O cádaver presentaba sinais de violencia. A muller é de nacionalidade belga e tiña 59 anos levaba vivindo nesta casa no concello malagueño de Tolox menos dun ano. O seu cadáver xa foi trasladado para practicarlle a autopsia.

A Garda Civil investiga agora a contorna da muller falecida. Os axentes, polo momento, non descartan ningunha hipótese.