CRTVG

Buscar

Encher o depósito do coche é agora 17 euros máis caro en Galicia que hai un ano

Publicado o 16/10/2021 17:21

Unha suba nos combustibles dun 26 % no caso da gasolina e case un 30 % máis no prezo do litro do gasóleo por estas mesmas datas hai un ano. É o que atopan os condutores cando van cos seus turismos ás estacións de servizo en Galicia nas últimas datas.

O prezo medio do litro dos carburantes, gasolina e gasóleo encadea seis semanas de subas, con prezos en máximos que non se vían desde o verán de 2014.

1 euro con 39 céntimos o prezo do litro do gasóleo normal, 1,47 o extra; 1,49 a gasolina sen chumbo 95 e 1,65 a sen chumbo 98, así están este sábado os prezos dos carburantes nunha gasolineira de Ourense.

Sobre todo, a xente que precisa do coche todos os días para traballar nota no peto como encher o depósito é agora 17 euros máis caro que hai un ano.

Seis semanas seguidas co prezo da gasolina e do gasóleo subindo e a xente pregúntase a onde imos chegar.

Entre un 23 e un 24 % subiron as prezos dos carburantes con respecto a antes da pandemia, prezos en máximos que non se acadaban desde os veráns de 2013 e 2014.

Noticias web

16/10/2021