CRTVG

Buscar

A industria do mar, pendente dos efectos da Lei de cambio climático

Publicado o 08/04/2021 15:37

A industria galega do mar está preocupada por esta lei, que afecta de cheo as empresas situadas na costa. Lamentan que no Ministerio de Transición ecolóxica ninguén os escoite. O cento de empresas afectadas din que a aplicación desta norma os deixa nunha situación de inseguridade xurídica e que provocará a paralización dos seus investimentos e os seus proxectos.

Un cento de empresas galegas asentadas na liña de costa, cocedeiros, depuradoras e conserveiras, vense afectadas pola nova norma que modifica a vixencia das súas concesións, xa que limita o tempo de ocupación que comeza a computar desde o seu outorgamento. O sector teme o cese dunha parte desta industria.

A titular do Mar do Goberno galego anunciou que recorrerá ao Constitucional a lei, que considera que pon en risco o futuro desta industria. Baséase en dous informes xurídicos que consideran institucional a normativa recollida no artigo 18. Ence é dunha das empresas afectadas pola Lei de cambio climático. Un grupo de traballadores concentrouse diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra en protesta pola aprobación do texto.

Noticias web

08/04/2021