CRTVG

Buscar

Ence atrasa tres meses a presentación dos seus resultados

Publicado o 23/07/2021 18:27
Ence atrasa tres meses a presentación dos seus resultados

Ence atrasou tres meses a presentación dos resultados do primeiro semestre polas implicacións que a sentenza da Audiencia Nacional anulando a prórroga concedida á fábrica da compañía en Pontevedra poida ter nas súas contas. Non as presentará a próxima semana, como estaba previsto, senón o 28 de setembro, segundo informou a compañía este venres á Comisión Nacional do Mercado de Valores. O próximo 28 de xullo, despois do peche do mercado, informará das principais magnitudes operativas do primeiros seis meses de 2021. 

No primeiro trimestre, Ence perdeu 9,6 millóns de euros, un 18,4 % menos que no mesmo período do ano anterior, grazas á recuperación do prezo da celulosa, mentres que os seus ingresos caeron un 9 % ata os 167 millóns.

Noticias web

23/07/2021