Encarcerado un lugués polo envío de 40 quilos de cocaína
Publicado o 17/12/2019 11:33
Envían a prisión un lugués investigado polo envío dende Medellín, Colombia, de 40 quilos de cocaína á súa empesa de Lugo. A detención produciuse tras meses de investigación.
O cargamento foi comisado na cidade estadounidense de Memphis, na sede da empesa de loxística a través da que se facía o envío. Estaba oculto nun palé de pezas de automóbiles.
O valor da droga no mercado superaría o millón e medio de euros.