CRTVG

Buscar

Encalla o cazaminas Turia nos labores de rescate do avión que caeu fronte á Manga

Publicado o 27/08/2019 16:39

O cazaminas Turia encallou esta maña fronte á Manga do Mar Menor, cando estaba a realizar labores de rescate dos restos do avión sinistrado onte. O buque da armada quedou varado a 150 metros da praia, a catro metros de profundidade. Salvamento Marítimo evacuou á tripulación. 

Estaba a buscar restos do accidente aéreo e quedou varado a 150 metros da praia, a uns catro de profundidade. O cazaminas Turia da armada española ten aberta unha vía de auga. Salvamento Marítimo evacuou a tripulación. O buque forma parte do gran dispositivo despregado que aínda segue na procura de restos do avión e do seu piloto espallados nesta costa.

Un día despois do accidente aéreo, non se sabe con certeza por que se esnafrou o avión.
Fallou o Caza ou foi un erro do piloto. As imaxes mostran unha especie de bucle, caeu en picado e quizais intentou rectificar sen éxito.

Francisco Marín Nuñez, membro da patrulla acrobática Águila, estaba considerado un destro piloto con 3.300 horas de voo. Nestes momentos estaba destinado na Academia xeral do Aire San Javier como instrutor.

O avión, un caza C 201, tiña case 40 anos. Fabricouno a empresa española Casa. Ía ser retirado no 2021.
Defensa anuncia unha investigación, pero desbota que estivera obsoleto.
 

Noticias web

27/08/2019