En vigor as novas medidas en Sanxenxo, O Barco e Meis
Publicado o 01/10/2020 08:34
Dende esta medianoite están vixentes as novas limitacións no Barco de Valdeorras, Sanxenxo e Meis.
Un dos principais cambios é que a capacidade en locais comerciais e hostaleiros, academias, bibliotecas, centros de ensino privado e lugares de culto limítase ao 50 %. Ademais, nos bares non se poderá consumir en barra.
Tamén se limita a capacidade dos velorios; neste caso, a 25 persoas, e a dez a das reunións públicas e tamén a das privadas.