En Vigo trece artistas compiten co seu arte na "Batalla Mural" do seu Festival Urbano
En Vigo trece artistas compiten co seu arte na "Batalla Mural" do seu Festival Urbano. Nun mural branco pintan con spray unha obra que, de resultar gañadora, acabará vivindo na rúa de San Roque. Nun ano pesimista coma este o tema imposto aos concursantes foi o de "Ideas para facer un mundo mellor".
Segunda edición desta loita de artistas dos murais urbanos. Organiza o concello de Vigo. Inscrición aberta a todo o mundo, doce botes de spray con doce cores idénticas para cada un e un tema común para facer máis fermoso o mundo e sobre todo as paredes da c
Ideas para un mundo mellor nun momento deste mundo raro, raro, moi raro.
Coronavirus, ecoloxismo...tantas propostas como artistas. O que gañe terá a opción de expoñer, non nun museo entre catro paredes senón na medianeira da rúa de San Roque.
Porque a calma, din os artistas, tamén contribúe a facer un mundo algo mellor.