En Vigo continúan achicando a auga do pesqueiro afundido por mor dun incendio na adega
Publicado o 05/12/2020 16:20
No peirao de Bouzas, en Vigo, continúan achicando a auga do pesqueiro afundido a causa dun incendio iniciado na adega do barco, para poder levar a cabo os labores de reflotaciónAfundimento do Baffin Bay / Están achicando a auga para poder reflotalo O barco comezou a afundirse na media tarde do xoves por mor do lume que se iniciada tras uns labores de reparación no buque, que permanecía amarrado a este peirao de reparacións de Bouzas. Unha vez rematados os traballos de achique estudarase a súa reflotación, dado que a empresa Copemar, non dá por perdido o barco. Respecto ao combustible, este xa foi extraído, e hai unhas catro barreiras anticontaminación colocadas para evitar posibles fugas e verteduras.