CRTVG

Buscar

En Sober hai 14 persoas maiores de 100 anos

Publicado o 18/03/2021 20:56

Dolores Pérez é a ultima veciña que se uniu o particular clube de centenarios de Sober. Hoxe mesmo fixo cen anos e cun perfecto estado físico se ben ten problemas de comunicación. Con ela son xa 14 os veciños deste concello da Ribeira Sacra que superaron o século de vida. O máis vello vai facer 107 anos no mes de maio. Semella pouco normal tal cantidade de centenarios nun concello tan pouco poboado.


"O viño da Ribeira Sacra, da subzona de Amandi pode influir. Pero, sen dúbida, a calidade de vida do medio rural permite chegar a tantos anos e en boas condicións", sostén Luis F. Guitián, alcalde de Sober.

A auga, a terra, o aire, as froitas, o viño e augardante...cada un deses elementos ou todos xuntos poden explicar a lonxevidade dos veciños de Sober.·

Alfonso Llano é un dos centenarios máis recoñecidos de Sober. Con 103 anos de idade aínda toca o acordeón e non ten máis problemas que as limitacións de vista e oído. Este antigo carteiro di que pensa seguir dando guerra moitos anos e máis agora que conseguiu evitar o coronavirus.
"Cando nacemos xa nos dan os anos que imos vivir. E a min déronme para moito temp", asegura. 

Pero Sober non é un concello de xente maior como demostra o feito de que en dous anos se duplicou o número de alumnos de ensino primario.

Noticias web

18/03/2021