CRTVG

Buscar

En Santo André de Vea quéixanse do tráfico e velocidade na EP-8401

Publicado o 27/08/2021 14:02

Moito tráfico e moi rápido para o trazado que ten a calzada e a proximidade ás casas. É o que din os veciños na parroquia de Santo André de Vea, na Estrada, sobre todo, os que residen preto desta vía provincial.

Residentes de varios lugares da parroquia de Santo André de Vea falan do tráfico pola EP-8401, con moitos camións e turismos e dos riscos que supoñen as velocidades por riba da media á que circulan algúns condutores.

Segundo as últimas medicións, por esta estrada da deputación de Pontevedra circulan máis de 2.800 coches ao día, dos que uns 200 son transportes pesados. Moitos utilízana como atallo e para zafar das peaxes nas viaxes entre Santiago e Pontevedra.

Un veciño fala do aumento da circulación nesta estrada desde que fixeron novos viais en Caldas e nos accesos a Santiago.

Nos sete quilómetros, ten varios tramos coa velocidade limitada a cincuenta e sesenta por hora. Segundo os veciños, a pesar de que hai controis da Garda Civil, son moitos os condutores que circulan moi por riba deses máximos.

Noticias web

27/08/2021