CRTVG

Buscar

En Santiago, piden a acción da Administración para acabar coa ocupación de casas

Publicado o 24/06/2021 14:11

O ruído que fixeron para abrir ocos de luz nunha casa abandonada alertou os veciños que de inmediato chamaron a policía. A casa está onda a carballeira compostelá de San Lourenzo, con portas e ventás tapiadas. Porque, segundo nos contan, o inmoble tempo antes xa estivo ocupado e convertido en punto de venda e consumo de drogas. 

Jon Brokembrow,  presidente da Asociación veciñal San Lourenzo e Carme de Abaixo, di que "o que fixeron foi facer furados para que entrase luz na casa. Romperon a porta e fixeron máis furados para entrar".

Os dous mozos que pretendían instalarse nela, fuxiron antes de chegar a policía. O representante veciñal comprende que quen está sen teito procure acubillo, pero os residentes temen que volvan romper a tranquilidade desta zona de Santiago.

Brokembrow sinala que "forma parte da zona histórica da cidade e é como un recuncho abandonado, ou sexa, que hai casas aquí que levan moitísimos anos baleiras e hai unha falta de vivenda social na cidade".

Segundo o representante dos veciños, para solucionalo tamén fai fallla a acción dos donos dos inmobles abandonados.

Noticias web

24/06/2021