CRTVG

Buscar

En Ribadumia o río está a piques de desbordarse na estrada entre Cabanelas e Ponte Arnelas

Publicado o 17/12/2019 13:36

O río Umia está a piques de desbordarse. Ao seu paso polo concello pontevedrés de Ribadumia, o río aínda non saíu do leito pero fáltalle pouco. Hai leiras anegadas pola acumulación de auga de choiva dos últimas días. Pero en Protección Civil temen ter problemas mañá.

Anúnciase máis choiva e, se cadra, coa preamar pode que o río se desborde e anegue a estrada que comunica a zona recreativa de Cabanelas con Ponte Arnelas, unha pista en que non é raro que queden os coches atrancados.

Andrés Otero, presidente da Agrupación de Protección Civil de Ribadumia: "Hai un treito mesmo na entrada, entre Ribadumia e Cambados, que se inunda sempre que o río se bota fóra porque hai un regato pola beira".

 

Noticias web

17/12/2019