CRTVG

Buscar

En Reus reparten 360 millons de euros, a maior parte do Gordo

Publicado o 22/12/2019 15:24

Así, con cava catalán brindábase por ese 26.590 que deixou a sorte espallada entre Salou e Reus. O roteiro da fortuna partía da adminsitración número un de Salou, pero onde se viviu o xúbilo de verdade foi no Centro Aragonés El Cachirulo de Reus. Alí venderon oitenta series, premiadas cuns 320 millóns de euros.

Unha sorte, ademais, moi espallada, fragmentada en pequenas participacións.

"Están todas repartidas e cada papeleta é de cinco euros, o cal implica un premio de cen mil euros", aclaraba José Allueva, o presidente da asociación afortunada.

El Cachirulo vai cumprir medio século de vida e os aragoneses asentados en Reus celebran hoxe, como eles dicían, unha segunda festa do Pilar no mesmo ano. Comentaban que moitos levaron participcións tamén ás súas localidades aragonesas de orixe.

"Están aquí de Aragón e ata Teruel, que non existe..., vaille tocar a todo mundo", di un dos agraciados

Algúns vivírono entre a sensación de inverosimilitude e outros suliñaban que hoxe os cartos son pródigos con moita xente humilde, que o pasou moi mal durante a crise.

"Ao principio non o cres. Eu tiven que miralo varias veces para estar seguro de que era o Gordo", sinala un dos premiados.

"Que imos facer? Sobrevivir, porque despois de pasar un tempo moi mal é un coxín que che dá un pouco de tranquilidade. Tiñamos unha papeleta, pero para nós isto xa é unha ledicia moi grande".

Tapar buratos económicos, repartir coa familia e permitirse algún luxo de Nadal e Reis é o destino dos cartos que apuntaban practicamente todos os afortunados.

Noticias web

22/12/2019