CRTVG

Buscar

En que consiste apadriñar unha colmea?

Publicado o 09/08/2021 16:31

Apadriñar unha colmea está a converterse nunha das últimas tendencias na apicultura. En Galicia hai varias iniciativas, unha delas en Moeche. A empresa As nosas abellas quere loitar así contra a desaparición destes insectos fundamentais para o medio natural.

Por sesenta euros pódense personalizar as colmeas e no verán achegarse para ver de preto como son e entender o seu proceso produtivo.

Xa teñen más de 30 padriños. As nosas abellas fan mel da costa en Ferrolterra e do interior en Quiroga. As dúas variedades foron galardoadas cos premios London Honey Awards que celebran no Reino Unido.

Noticias web

09/08/2021