CRTVG

Buscar

En prisión os dous policías que golpearon un pai e a súa filla menor en Linares

Publicado o 14/02/2021 13:33

Ingresan en prisión dous policías nacionais acusados dunha agresión brutal en Linares, en Xaén. Este era o momento en que os dous axentes, que estaban fóra de servizo, agredían un pai e a súa filla de 14 anos na terraza dun bar.

O home tivo que ser ingresado con lesións no nariz e na córnea. O suceso fixo que foran moitas as protestas e os altercados en Linares durante as últimas horas. Hai trece persoas detidas durante a noite na localidade.

Noticias web

14/02/2021