CRTVG

Buscar

En Portugal, case a totalidade dos casos son da variante delta

Publicado o 21/07/2021 16:13
En Portugal, case a totalidade dos casos son da variante delta

Se visitan Portugal, lembren que a máscara é obrigatoria en todo momento na rúa. Aínda así, os expertos instan estes días ao Goberno luso para que relaxe esta restrición. Agora mesmo Portugal ten unha das normativas de uso de máscara máis duras de Europa, aprobada ata mediados de setembro, pero a comunidade médica considera que a normativa debería parecerse máis á española e que non sexa precisa se hai distancia social. Mentres, o país sofre de cheo o impacto da variante delta. No centro e sur xa supón o 100% dos casos, o que xustifica restricións como o peche perimetral de Lisboa as fins de semana. Hoxe hai 800 internados nos hospitais, unha cifra que non se vía dende a fatídica terceira vaga do inverno pasado. 

Noticias web

21/07/2021