CRTVG

Buscar

O concello ourensán de Beade, o único desde o luns en nivel máximo de restricións

Publicado o 28/03/2021 18:44

Coa hostalería pechada, as reunións de non conviventes prohibidas e a mobilidade restrinxida, a vida en Beade obsérvase dende a fiestra.

A panadería era o único negocio aberto este domingo. A situación pandémica fixo que tamén se cancelasen os actos litúrxicos.

Está entre os concellos máis pequenos de Galicia, pouco máis de seis quilómetros cadrados, con dous núcleos de poboación.

Ten restrición de mobilidade, que algún turista despistado saltaba este domingo.

Non hai positivos novos no cribado; hai sete contaxiados entre unha poboación de 384 veciños.

Iso é o que conseguiu xa o concello de Maside, que abandona as restricións máximas tras baixar a catro positivos.

Noticias web

28/03/2021