CRTVG

Buscar

En Oleiros alertan dun posible calote en Internet cun tanatorio

Publicado o 25/02/2021 15:17

En Oleiros, alertan dun posible calote en Internet coa apertura dun tanatorio. Un negocio que anda á procura de investidores que o financien. 

Trátase dunha páxina web que anuncia a construción dun tanatorio en Oleiros con todo tipo de servizos: seis salas de velorio, crematorio, unha capela, unha florería.

Explica tamén que o edificio poderá albergar máis de mil persoas e que se levantará nun espazo de 2.000 metros cadrados. Pero desde o Concello sinalan que podería tratarse dun calote.

"Non hai solicitude para facer un tanatorio nin nada parecido. Indagamos e a empresa tamén anda por Lugo facendo o mesmo", explica Ángel García Seoane, o alcalde de Oleiros.

Desde o Concello de Oleiros xa presentaron un oficio perante a Garda Civil para que investiguen este caso e tomen as medidas pertinentes.

A Televisión de Galicia intentou poñerse en contacto coa suposta empresa que anuncia o tanatorio, pero non obtivo resposta.

 

Noticias web

25/02/2021