CRTVG

Buscar

En Navia de Suarna mantéñense sen casos de covid desde que comezou a pandemia

Publicado o 14/02/2021 14:53



En Navia de Suarna levan sen casos de covid desde que comezou a pandemia, hai aproximadamente un ano.
Situada en pleno corazón dos Ancares, é precisamente a súa situación no interior da provincia de Lugo, lonxe doutros concellos onde a incidencia foi moi alta, xunto coa dispersión da poboación o que favorece que non haxa afectados entre os veciños.

Mantén o alcalde que os veciños foron responsables e respectuosos coas normas. Cunha poboación moi avellentada, neste caso a dispersión é unha vantaxe.

Para evitar focos de contaxio suspendéronse as celebracións, mesmo a festa da androlla.

Respecto ás normas e unha poboación que apenas supera o milleiro de persoas fan que Navia de Suarna se manteñe allea ao coronavirus.

Noticias web

14/02/2021