En Marea pedirá no Parlamento declarar Galicia en situación de emerxencia climática
Publicado o 07/09/2019 15:20
En Marea celebra hoxe en Santiago a segunda Escola Unitaria de Verán centrada na situación de emerxencia ambiental. No arranque deste curso político a organización presentou tres propostas concretas.
A reclamación dunha lei integral contra o cambio climático con plans específicos para o ámbito rural e o urbano; a esixencia dun plan galego que se comprometa coa redución de CO2 e unha lei forestal que acabe cos monocultivos de eucalipto e piñeiro.
A formación presentará unha proposta non de lei que vai ser levada ao pleno do Parlamento para declarar Galicia en situación de emerxencia climática.