En Marea e En Común tratan de marcar distancias
A coalición En Común-Unidas Podemos presentou xa os seus candidatos ao Congreso, unha lista que quere marcar distancias coa de En Marea, coa que se presentaron nas anteriores eleccións.
Yolanda Díaz, candidata de En Común-Unidas Podemos ao Congreso: "En Común non vai pronunciar unha palabra do pasado, de aquí en adiante, nin unha palabra do pasado".
Esta mañá respondíalle nunha entrevista na Televisión de Galicia a cabeza de lista pola Coruña de En Marea.
Ana Seijas, candidata de En Marea ao Congreso: "Nós somos o presente e somos o futuro. Nós somos un proxecto non subordinado e galego. Só hai unha marea porque só hai un espazo cidadanista, que é o que nós reivindicamos".
Seijas defende a autonomía de En Marea fronte á candidatura de En común, que considera supeditada a unha forza estatal.