CRTVG

Buscar

En marcha a segunda fase dos plans básicos municipais para ordenar o territorio

Publicado o 26/07/2021 14:41

Os concellos rurais de menos de 5.000 habitantes contan cunha nova ferramenta para facilitarlles a ordenación do seu territorio. Son os plans básicos municipais. A Xunta acaba de pór en marcha a segunda fase deste programa, ao que xa se sumaron preto dunha vintena de concellos galegos. 

"Que todos os concellos teñan ordenado o seu territorio, é fundamental para o presente e para o futuro, para que a xente se asente no rural, e sexa quen de desenvolver as súas actividades e teñamos seguridade xurídica", manifestou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Noticias web

26/07/2021