En Maceda chaman ao consumo responsable de auga para evitar cortes
Publicado o 21/07/2020 14:18
En Maceda está prohibido empregar a auga da traída para encher piscinas, regar ou lavar coches. Medidas preventivas que o Concello anuncia cada verán, pero este ano moito antes.
Habitaron segundas vivendas e a maioría con piscinas, e esta fin de semana o alto consumo de auga provocou que xa se baleiraran os depósitos, e mentres non se volveron encher, en Maceda bombean do río Arnoia, saíu a auga toldada das billas.
Con todo, a maioría dos veciños din estar concienciados coa necesidade de aforrar auga e acostuman empregar máis os pozos.
Dende o Concello de Maceda chaman á responsabilidade.
Outro concello ourensán, o do Pereiro de Aguiar, acaba de publicar un bando semellante para evitar futuros cortes de auga.