CRTVG

Buscar

Indignación en Paramos pola posta en liberdade do propietario da pirotecnia

Publicado o 13/03/2019 13:39

• Os 400 afectados van recorrer a decisión da xuíza de Tui que pon en liberdade provisional sen fianza a Francisco González Lameiro

• A explosión acabou coa vida de dúas persoas 

Indignación dos afectados polo feito de que Francisco González Lameiro, o propietario da nave pirotécnica ilegal de Paramos, estea dende onte en liberdade. A liberdade é provisional e sen fianza, o que supón a retirada do pasaporte e a obriga de comparecer quincenalmente. A xuíza considera que nove meses despois da explosión o investigado xa non pode ocultar, alterar ou destruír probas, e tampouco ven posibilidades de reiteración delituosa.

Os 400 afectados pola explosión, que acabou coa vida de dúas persoas en maio pasado, están totalmente en contra desta decisión e anuncian que a van recorrer.  

Noticias web

13/03/2019