CRTVG

Buscar

En liberdade o mozo que participou nunha pelexa ás portas dunha discoteca de Ferrol

Publicado o 29/09/2021 14:14

Pelexa ás portas dunha discoteca de Ferrol que comezaba cando un dos implicados saltaba desde o teito dun coche para propinar unha patada na cabeza para comezar despois unha pelexa grupal.

Aconteceu na madrugada do sábado ao domingo, ás portas dunha discoteca. Unha zona onde esa mesma noite houbo outros incidentes. Un deles, cando un mozo intentou agredir un dos policías que se achegou á zona para separar os que estaban na liorta. Prendérono e foi trasladado á comisaría da Policía Nacional de Ferrol. Este luns xa tivo o xuízo rápido e, segundo fontes consultadas, quedou en liberdade.

O caso é que os veciños din que estes episodios violentos acontecen cada fin de semana. A responsable da discoteca, non quixo falar diante da cámara, pero si nos recoñeceu que aquí as pelexas son constantes. E quixo aclarar que no seu local os mozos nunca causaron ningún incidente e que desta volta aconteceu cando a discoteca levaba pechada máis dunha hora.

 

 

Noticias web

29/09/2021