CRTVG

Buscar

En liberdade con cargos o home que espallou o pánico cunha arma entre os veciños de Cee

Publicado o 24/04/2021 14:32

Quedou tamén en liberdade con cargos, pero ingresado no psiquiátrico, o veciño de Muxía detido en Cee este venres por ameazar os veciños cun kalashnikov. O home espallou o medo entre os viandantes na mañá do venres cando paseaba descalzo e armado cun subfusil, unha pistola e un chaleco antibalas. Reclamaba auxilio a berros, argumentando que uns sicarios querían matalo. Tamén intentou acceder a locais pechados. O seu avogado sinala que sufriu unha crise psicótica.

Noticias web

24/04/2021