CRTVG

Buscar

En liberdade con cargos Fitipaldi, o home que, presuntamente, acoitelou dúas persoas en Lugo

Publicado o 12/06/2020 12:48

En Lugo quedou en liberdade con cargos Marcos Férnandez Pena, máis coñecido coma o Fitipaldi de Rubiás, que fora detido por acoitelar dous homes nunha liorta nun local nocturno.

O home conta con varias condenas por outros delitos por homicidio, agresión e ameazar con disparar a un policía para fuxir do antigo hospital xeral.

Saíra había poucos meses do cárcere, onde pasara os dez últimos anos, e o mércores foi detido por protagonizar unha liorta onde supostamente acoitelou dous homes. Un feriuno nun brazo, pero o outro no peito, e afectoulle a un pulmón.

Noticias web

12/06/2020