En Guitiriz elaboran o primeiro queixo Camembert do país
Publicado o 25/10/2019 15:42
Galicia e Francia fúndense en Xiros, o primeiro queixo tipo Camembert do país. Os seus creadores, Miguel e María, son unha parella de veterinarios que para poñer en valor o leite deste rabaño tomou nota do país galo.
As vacas, de raza jersey e frisoa, rotan polos pastos transmitindo ao leite matices únicos. Despois procesano de xeito artesanal neste obrador anexo á gandería. O traballo en cámara é fundamental, para que entre en acción un fungo, o penicilum camemberti, outro dos segredos desta receita.
Fan producións limitadas deste e doutro queixo de pasta lavada que só venden en tendas especializadas e restauración, onde valoran a intensidade e a orixinalidade dos queixos máis afrancesados do país.