CRTVG

Buscar

En Guísamo choveu máis do triplo ca nun agosto normal

Publicado o 12/08/2020 15:06

A abundante chuvia das últimas horas mobilizaron durante a toda a mañá a efectivos de urxencias para atender as numerosas incidencias rexistradas. Foi caso do parque de bombeiros da Coruña.

Houbo caídas de árbores, coma esta no centro da cidade que provocou o corte da rúa mentres duraron os traballos de retirada. Tamén asolagamentos en aparcadoiros e terrazas de edificios.

Situación complicada tamén nas estradas. En Malpica unha ambulancia envorcou cando trasladaba a un doente que quedou atrapado a consecuencia do impacto. Tamén resutlou ferido o persoal sanitario.

Na provincia da Coruña a intensidade das chuvias foi maior en zonas como Guísamo, no concello de Bergondo, onde chegaron a acumularse case 100 litros/m2, máis do triplo do que caería nun mes de agosto normal.

Nas próximas horas a situación tende a mellorar.

Noticias web

12/08/2020