CRTVG

Buscar

En Galicia xa podemos descargar a app PassCovid

Publicado o 17/10/2020 10:56

A partir deste sábado, en Galicia, xa poderemos descargar a app PassCovid, posta en marcha pola Xunta. Segundo o goberno galego, ofrecerá información actualizada da situación da pandemia na comunidade, poderáse seleccionar o concello que interese para consultar restricións vixentes.

Ademais comunicará alertas, avisos e recomendacións das autoridades sanitarias. No caso de que o usuario fose identificado como contacto estreito ou diagnosticado, poderá informar a través da app ós seus contactos estreitos.

Poderá tamén rexistrar os establecementos onde estivera mediante o uso dun código QR específico, dispoñible en cada local pra este fin. Esta aplicación é complementaria á estatal RadarCovid.

 

Noticias web

17/10/2020