En Galicia agárdanse algo máis de 9.000 novos contratos nesta próxima campaña de rebaixas
O impacto da crise sanitaria na economía frea a contratación prevista para a temporada de rebaixas que dará comezo esta mesma semana. Segundo datos da empresa de RRHH Adecco, a caída interanual en España será de entre un 5 e un 10 %. Galicia sitúase como a sétima comunidade cunha previsión de algo máis de 9.000 novos contratos.
Hai diversidade na duración destes contratos que poden ir de varios días ata dous meses. ntre os perfís máis demandados: dependentes, comerciais ou teleoperadores; pero tamén aqueles relacionados coas novas demandas das vendas en liña como o transporte ou a distribución.
As contratacións concéntranse na provincia de Pontevedra, á cabeza con preto de 4.900 novos contratos, e na da Coruña con algo máis de 3.300. A previsión para toda españa supera as 167.000 contratacións.