CRTVG

Buscar

Santiago estrea a nova estación de autobuses, que integra coa do tren a primeira intermodal galega

Publicado o 22/05/2021 19:30

Dende as seis da mañá está operativa esta nova estación de autobuses, aínda que a inauguración oficial foi ao mediodía.  Consta de 25 dársenas e completarase coa remodelación da estación do tren para a chegada do AVE.

Tamén a pasarela que comunica coa estación de tren e co centro da cidade.

Coa posta en marcha da nova estación de autobuses, conectada coa terminal ferroviaria, a capital galega dá un salto de calidade do que se beneficiarán os viaxeiros e turistas que cada día chegan ou saen da capital galega. Unha intermodal que o presidente da Xunta pon como exemplo de colaboración institucional.

Un proxecto que facilita a circulación dos usuarios cunha pasarela que comunica coa estación de tren e co centro da cidade. Algo que destacaron os primeiros viaxeiros


 

Noticias web

22/05/2021