CRTVG

Buscar

En estado grave unha nena atopada inconsciente nunha piscina en Cangas

Publicado o 22/07/2021 15:31
En estado grave unha nena atopada inconsciente nunha piscina en Cangas

Permanece en estado grave unha nena de tres anos tras sufrir un afogamento nunha piscina en Cangas. Atopárona inconsciente aboiando na auga. Sucedeu na piscina particular dunha casa da familia.

No lugar, familiares e veciños trataron de auxiliala ata que chegaron os servizos de emerxencias para facerlle as manobras de reanimación cardiopulmonar. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia e tamén o helicóptero do 061, se ben unha vez no lugar os médicos decidiron que era mellor trasladala por terra ata o hospital Álvaro Cunqueiro, onde foi ingresada de urxencia na UCI Pediátrica, onde permance en estado grave.
 

Noticias web

22/07/2021