Grupo asequible para España no seu camiño cara o Mundial de Qatar
Publicado o 07/12/2020 21:15
A selección española de fútbol xa sabe cales serán os seus rivais para a fase de clasificación do Mundial de Qatar que se celebrará en 2022. No sorteo celebrado esta tarde en Zúrich, España quedou encadrada no Grupo B e terá como rivais a Suecia, Grecia, Xeorxia e Kosovo, este último país non está recoñecido polo estado español.
A selección, unha das dez cabezas de serie europeas, terá o privilexio de xogar nun grupo de cinco países por ser finalista da Liga das Nacións. Esta fase de clasificación xogarase de marzo a novembro do ano que vén.