CRTVG

Buscar

En directo, o gaiteiro Bras Rogrigo, coordinador do Desfile de San Patricio de NY para Europa

Publicado o 01/02/2019 14:06

Hoxe xa lles adiantabamos que iamos ter un programa moi musical. E chegou o momento de poñer de novo música no estudio. Recibimos o mestre da música celta Bras Rodrigo.
Parabéns, porque non hai moito que recibiu unha boa nova, é coordinador executivo para Europa do Desfile de San Patricio de Nova York.

Bras Rodrigo, gaiteiro de orixe galega, un amante da música celta e da gaita.
Nomeárono Coordenador Exectuiva para Europa do Desfile de San Patricio de Nova York.
O de San Patricio é o festival celta máis antigo do mundo.
Bras Rodrigo mestura música electrónica, clásica ou tradicional.
O seu último traballo, A Pause in New York, fai un percorrido pola súa traxectoria.

Noticias web

01/02/2019