En dez días presentáronse 32.000 solicitudes de axudas ao segundo plan de rescate da Xunta
Publicado o 01/03/2021 15:07
A Xunta recibiu máis de 32.000 solicitudes de axuda dentro do segundo plan de rescate que puxo en marcha hai dez días e que vai dirixido a hostaleiros, autonónomos e pequenas e medidanas empresas.
Confirmou os datos o vicepresidente da Xunta. Alfonso Rueda asegura que o gran número de solicitades dan mostra da necesidade destas axudas directas e pediu máis implicación do resto das administracións.