En Común-Unidas Podemos presenta os seus candidatos ás xerais
Esta tarde, En común-Unidas Podemos dará a coñecer os nomes dos seus candidatos ás xerais. Competirán nos comicios coa lista que presenta En Marea. O líder da formación, Luís Villares, réstalle importancia á ruptura porque considera que a súa é a única proposta coherente.
Nas listas de En Común-Unidas Podemos repiten tres dos actuais deputados: Antón Gómez-Reino pola Coruña e Yolanda Díaz e Ánxela Rodríguez por Pontevedra. Tamén se suma Ledicia Piñeiro por Ourense e falta por coñecer quen encabeza a lista por Lugo.
Máis avanzada está a candidatura de En Marea, que se reclama como a única forza política coherente con Galicia, en referencia ao apoio deses tres deputados aos presupostos xerais do Estado.
Pola súa parte, Anova descólgase da campaña, aínda que recoñece que o pacto será necesario no futuro.