CRTVG

Buscar

En Chaguazoso teñen unha fonte por cada dez habitantes

Publicado o 14/05/2021 20:58

José Antonio, apaixonado da historia da súa aldea natal, fainos un percorrido polas fontes de Chaguazoso. Hainas que agochan segredos.
Na fonte Darriba era onde moceaba a xuventude de Chaguazosos ao vir cos cántaros buscar auga.

Ata 14 antigas fontes e minas están catalogadas nesta aldea a un paso de Portugal e de Castela.

O cento do veciños que quedan agora piden que se restauren e se poñan en valor estas fontes e minas, patrimonio e memoria de Chaguazoso.

Noticias web

14/05/2021