En caso de estar en ERTE, aconsellan revisar con tempo as contas con Facenda
Publicado o 10/03/2021 20:47
Se é un dos galegos que durante o 2020 estivo dentro dun ERTE nesta pandemia é posible que este ano teña que facer a declaración da renda malia que non tivera obriga en anos anteriores.
Para non levar sorpresas de última hora desde o Colexio de xestores administrativos aconsellan revisar con tempo os datos tanto fiscais como das prestacións recibidas. Consello que estenden tamén ao casos das persoas que percibiron o Ingreso Mínimo Vital.
O calendario da declaración da renda comezará o próximo 7 abril, data en que se poderá acceder ao borrador e se abrirá o prazo para presentar a declaración por internet.