CRTVG

Buscar

En Cangas só poden ir en coche á praia os veciños do propio concello

Publicado o 25/03/2021 17:01

O concello de Cangas vai limitar o acceso en coche a certas praias como unha medida para controlar a ocupación. A limitación vai afectar ás mesmas praias nas que se xa se aplicou a medida o verán pasado.

Son as praias rurais do concello, ás que só poderán acceder o veciños empadroados, as persoas que demostren ter unha segunda residencia no municipio ou as que se aloxen nos establecementos hostaleiros. Unha medida coa que pretenden evitar aglomeracións nos areais durante a Semana Santa. O incremento de positivos da última semana deixa a Cangas no nivel medio de restricións.

Os areais máis virxes do litoral de Cangas teñen un gran atractivo para moita xente de de fora do municipio, pero o concello quere poñer certo freo a ese tirón durante a Semana Santa aplicando as mesmas restricións que xa puxo en práctica o verán pasado: limitar o acceso en coche ás praias non urbanas.

Os visitantes poderán seguir accedendo aos areais se van a pé. E os que acrediten ser veciños de Cangas ou estar aloxados no concello terán a opción de seguir indo en coche.

A medida suporá un traballo extra para a Policia Local, pero no Concello considérana necesaria porque están rexistrando un repunte de casos nos últimos días. A partir de mañá Cangas, cunha indencia de 143 puntos, pasará a estar no nivel medio de restricións.

Noticias web

25/03/2021