CRTVG

Buscar

En cadeiras e gardando as distancias: así son os concertos que se celebran nas festas da Ascensión

Publicado o 14/05/2021 21:27

No escenario da pandemia, a celebración de festas faise de xeito distinto. É o caso da Ascensión, en Santiago, que está marcada polas medidas anticovid.

A boa situación epidemiolóxica permitiu que se puideran realizar concertos ao aire libre, pero distan daqueles que se celebraban fai uns anos. Agora, o público está sentado en cadeiras e separado por un metro e medio de distancia.

Durante toda a fin de semana, seguirá habendo celebracións na cidade para seguir festexando, con máis música, danza, espectáculos infantís e mesmo roteiros guiados arredor da figura de Xela Arias.

Noticias web

14/05/2021