CRTVG

Buscar

En busca e captura o youtuber lugués coñecido polas súas bromas pesadas

Publicado o 04/03/2020 14:29
En busca e captura o youtuber lugués coñecido polas súas bromas pesadas

En Lugo o youtuber coñecido polas súas bromas pesadas está en busca e captura. O mozo, que nas redes sociais se fai chamar Punto Lunático e actúa oculto baixo un disfrace, puido fuxir do país ante as numerosas causas xudiciais que ten pendentes.

Unha delas está relacionada con este vídeo en que lle tira unha torta a un profesor dun instituto e polo que terá que responder por un delito de atentado contra un funcionario público. O mozo tiña que ingresar de inmediato no cárcere por un delito de roubo. Ao parecer conta cun amplo historial delituoso, en que tamén figuran impagos polos que xa foi desafiuzado de varios locais de alugueiro.
 

Noticias web

04/03/2020