En Alacante controlan o acceso ás praias para evitar que se entre nelas durante o paseo dos menores
Publicado o 26/04/2020 13:57
A policía municipal de Alacante é a encargada de controlar que non haxa accesos indiscriminados ás praias durante a primeira mañá de saída dos menores ás rúas. Unha das cousas que máis lles chama a atención aos cativos é o contacto coa luz solar e agardan encontrarse cos seus familiares e amigos.