Emre Mor volve reivindicarse cun gol na vitoria do Celta contra o Lugo (2-0)
Segundo amigable de pretemporada en Balaídos. O Celta e o Lugo mediron forzas nas súa posta a punto e os celestes superaron os de Juanfran na segunda metade.
De saída Óscar García volveu poñer a Emre Mor pero sen o acompañamento inicial de Aspas e Nolito como contra o Oviedo. Sen eles estivo máis discreto, nun once menos recoñecible, con Fontán e Juncá na defensa canda a Kevin e Araújo. Precisamente o mexicano puxo en apuros a Iván Villar nunha cesión arriscada que estivo a piques de aproveitar Manu Barreiro. Foi a ocasión mais clara da primeira parte... Pouco despois tivo a súa o Celta ...o centro preciso de Juncá desde o lateral esquerdo, botou na area e Miguel BAeza, coa testa enviou a pelota alto por pouco.
Dominou o Celta pero sen claridade no ataque e dúbidas na defensa. ...
No segundo tempo entraron os pesos pesados e axiña apareceu Aspas, coma un lóstrego para bater a Varo, sustituto de Cantero. Pero a xogada foi anulada por un fora de xogo dubidoso. ... Seguiiu apretando o Celta, ó tempo que se diluía o Lugo coa entrada de suplentes.... Os 20 minutos Nolito Aspas e Emre Mor fabricaron o primeiro do Celta. GRan pase do andaluz, deixa aspas de cabeza e gol do turco, senj oposición.
Despois do golazo contra o Oviedo, e con este segundo tanto na pretemporada ... dalle argumentos a Oscar Garcóa para contar con el. A imaxe da súa saída do campo é reveladora.... Sen emre Mor no campo faltaba o tanto do outro goleador contra o Oviedo. Iago Aspas marcou esta vez de penalti, despois de resiltar derrubado na carreira con Pita e VAro.
2-0 a falta de dz minutos pro final e co Lugo rendido. Aínda houbo un detalle no Celta... os minutos residuais que xogou o Toro Fernández, máis fóra que dentro do Celta. Quedan dez días para o comezo da liga e poucos ensaios máis.