CRTVG

Buscar

Emre Mor podería volver fronte ao Cádiz

Publicado o 07/12/2020 21:12

 O Celta experimentou desde a chegada de Eduardo Coudet un cambio rotundo.  Con Óscar García no banco, o equipo celeste anotara seis goles en nove partidos, con Coudet , o Celta xa marcou 7 tantos en tres partidos. Tres partidos nos que se viu un equipo distinto. Hoxe falou en sala de prensa o Doutor Cota, o xefe dos servizos médicos do club deixou unha boa nova. Emre Mor podería recibir a alta esta semana. Pola contra tanto Sergio coma Kevin seguen lentos nas súas respectivas recuperacións. A outra mala nova é que David Juncá, tras ser operado da lesión que sufre no ombreiro, estará de baixa sobre tres meses.

Noticias web

07/12/2020