CRTVG

Buscar

Emre Mor apura a súa recuperación en Dubai

Publicado o 23/02/2021 15:40

Emre Mor recupérase en Dubai dunha pubalxia, a lesión que leva padecendo varios meses. O Centro de Excelencia Médica de Dubai ofrécese como un servizo integral de medicina deportiva e rexenerativa dirixido, sobre todo, ao tratamento de lesións nos deportistas de elite.

Os servizos médicos do Celta axudaron a Emre Mor a contactar con este hospital unha vez que o futbolista se convencera de que quería acudir a el como solución alternativa.

Noticias web

23/02/2021