CRTVG

Buscar

Empresas galegas de compoñentes de automoción pechan contratos con PSA por valor de 140 millóns

Publicado o 28/07/2020 10:30

Boas noticias para a industria galega de compoñentes da automoción. Acaban de pechar 140 millóns en contratos para prover a planta de PSA de Madrid na construción do novo C4.

Son preto dunha vintena de empresas, a maioría instaladas na comarca de Vigo, pero tamén en Ourense, as que comezarán a fabricar pezas para o novo modelo de Citroën chamado a converterse nun supervendas. Este é un dos maiores pedidos para a industria de compoñentes tras os da planta de Balaídos.

Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, explica que estes contratos "contribúen a desenvolver unha das liñas fundamentais de crecemento e de futuro para as liñas de automoción".

Noticias web

28/07/2020