CRTVG

Buscar

Empresas e organismos da raia esixen a apertura da fronteira

Publicado o 28/04/2021 21:09

Portugal anunciou a fin do estado de emerxencia, que remata o vindeiro sábado. Fano porque consideran que a situación epidemiolóxica o permite. Precisamente con este argumento varias empresas e organizacións e a un e outro lado da Raia piden a apertura das fronteiras urxentemente.

As restricións na fronteira e o vigor do estado de emerxencia non están relacionados pero organismos transfronteirizos como o Eixe Atlántico ou a Agrupación Europea de Cooperación territorial do Río Miño esíxenlle ao Goberno luso que abran as froteiras con Galicia se consideran que a pandemia está sendo controlada.

Estes dous organismos da eurorrexión non fan máis que ser altofalante de centos de empresas e veciños da Raia que levan 3 meses sufrindo graves prexuizos económicos. Mañá mesmo teremos noticias sobre este asunto porque o executivo luso decidirá en consello de ministros que facer e con sorte, teremos alguna data sobre a mesa.